ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco revisará o estado das árbores da praza de Viloira

A medida tómase despois da caída dunha delas na mañá do 20 de abril, que non provocou danos
Lugar que ocupaba a árbore antiga caída na praza de Viloira (O Barco)./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Lugar que ocupaba a árbore antiga caída na praza de Viloira (O Barco)./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Descoñécense os motivos polos cales unha das antigas árbores da praza de Viloira (O Barco) se caía na mañá do 20 de abril. Por esa razón, o Concello barquense decidía remitir á Estación Fitopatolóxica de Areeiro unha mostra dela “así como da terra circundante, co fin de realizar un estudo para determinar as razóns polas que se produciu o accidente, que non provocou ningún tipo de danos”.

Ademais, unha vez se descubran as causas da caída desta árbore, o Concello do Barco ten previsto realizar catas nos 12 plátanos de gran envergadura existentes na praza (de máis de cen anos de antigüidade), “co fin de establecer de forma exacta cantos exemplares están danados, e procederá posteriormente a estudar as alternativas existentes para evitar que feitos co desta mañá volvan producirse”.

Prevese que os resultados destas análises estarán listos nuns poucos días de cara a poder “adoptar as medidas que determinen os técnicos (sempre dependendo do estado das árbores) antes da celebración da próxima Feira de Viloira, que se desenrola neste espazo todos os días 6 de cada mes”, asegura o Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button