OurenseÚltima hora

O Concello concede a licenza de obra a Siresa para a reapertura da residencia universitaria

Foi aprobada nunha xunta de goberno extraordinaria e urxente
A residencia universitaria xa está máis preto da súa reapertura.
A residencia universitaria xa está máis preto da súa reapertura.

O Concello concedía a última hora da mañá do 6 de outubro a licenza de obra a Siresa, a empresa encargada de legalizar e executar as actuacións de reforma da residencia universitaria do Campus de As Lagoas. Nunha xunta de goberno extraordinaria e urxente, o único punto do día foi aprobado, dando así luz verde á legalización do proxecto de execución do edificio. Trátase dun paso fundamental para a apertura deste inmoble, moi solicitado entre o estudandado do campus. Os próximos pasos contemplarán as obras precisas para a legalización do edificio e, unha vez rematadas, a empresa deberá achegar o certificado final das mesmas para que o Concello proceda a outorgar a licenza de apertura, un trámite que se porducirá con maior brevidade.

Artigos relacionados

Back to top button