ConcellosÚltima hora

O Concello da Pobra de Trives iniciará os trámites para a súa inclusión no Consorcio da Ribeira Sacra

A decisión era aprobada por unanimidade no Pleno municipal celebrado este luns, 29 de xullo
A alcaldesa de Trives Patricia Domínguez. /Foto: Carlos G. Hervella.

O Concello iniciará os trámites necesarios para a inclusión da Pobra de Trives no Consorcio da Ribeira Sacra. Así o decidían trala aprobación por unanimidade dese punto da orde do día do Pleno celebrado na tarde do 29 de xullo. “Da oposición unicamente acudiron ao pleno dous dos cinco concelleiros, que amosaron a súa conformidade xunto cos votos do equipo de Goberno”, explica a alcaldesa Patricia Domínguez.

A dirixente socialista, que goberna en coalición con Son de Trives, asegura que “é de dereito” que formen parte do Consorcio.  “Xa que temos Bens de Interese Cultural (BIC) dentro da Ribeira Sacra que van servir para puntuar nesa candidatura a Patrimonio da Humanidade, e entendemos que somos Ribeira Sacra tamén, é lóxico que pidamos esa inclusión que por dereito nos corresponde”.

Artigos relacionados

Back to top button