ConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa abre o prazo para optar a dúas prazas de oficial e tres de operario

O prazo para presentar as instancias é de cinco días hábiles a partir de mañá, venres 22 de maio

Fachada do Concello da rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na mañá deste xoves 21 de maio sae publicado no Boletín Oficial da Provincia o anuncio da convocatoria para a contratación de dous oficiais de oficios (albaneis) e tres operarios (peóns) para o apoio de servizos básicos municipais), para o para o concello da Rúa.

As prazas están incluídas no Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade para un contrato laboral temporal a xornada completa. A duración do contrato será de tres meses e o sistema de elección por concurso de méritos.

O prazo para presentar as instancias é de cinco días hábiles a partir de mañá, venres 22 de maio. Para a achega da documentación no Concello será necesario solicitar cita previa co fin de evitar aglomeracións debido á situación sanitaria na que nos atopamos. (988 310 116).

BASES EMPREGABILIDADE OFICIAL

BASES EMPREGABILIDADE PEONS

 

Artigos relacionados

Back to top button