En portadaEntroido 2020Última hora

O Concello da Rúa apraza o desfile de comparsas polo falecemento dun veciño

 

A través do Facebook, o Concello da Rúa anunciaba hai pouco máis dunha hora o aprazamento do Desfile de  Entroido previsto para esta tarde, en señal de loito polo facelemento de Alejandro Lamas Rodríguez.

O xove veciño da Rúa falecía hoxe, 22 de febreiro, vítima dunha enfermidade aos 30 anos de idade. O velorio terá lugar na Funeraria Canuto a partir das 11h. de mañá, domingo 23 de febreiro e o funeral será ás 17h. na igrexa parroquial Nosa Señora de Fátima, en Fontei.

 

Artigos relacionados

Back to top button