ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Concello da Rúa aproba unha moción contra a violencia machista

Entre os puntos da proposición feita polo BNG está a demanda aos gobernos central e autonómico do aumento das partidas económicas para este tema

 

“Expresar o recoñecemento da Corporación Municipal da Rúa ás mobilizacións desenvolvidas polo feminismo galego, e comprometerse a incrementar os recursos económicos destinados á prevención e loita contra a violencia machista no vindeiro exercicio económico”, son dous dos puntos da moción presentada polo BNG ao Pleno ordinario do Concello da Rúa celebrado na tarde do 4 de novembro.

A moción, que era aprobada por unanimidade, inclúe ademais varias demandas aos gobernos central e autonómicos entre as que destacan “o incremento cando menos no dobre as contías destinadas á administración local para o vindeiro exercicio económico, procurando os mecanismos legais oportunos para garantilos con independencia da situación política estatal e da existencia ou non de novos orzamentos” ao goberno central; e “un incremento substancial dos recursos económicos destinados especificamente a loitar contra a violencia de xénero que, como mínimo, deben situarse no 1% dos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2020”, á Xunta.

Malia que nunha primeira instancia o grupo de goberno propoñía modificar a moción no referente ás demandas aos gobernos central e autonónomico “porque xa se presentou a mesma moción na Deputación e sería duplicar o traballo administrativo”, en palabras do alcalde, o popular Álvaro Fernández, finalmente a moción era aprobada polos catro grupos que forman a corporación municipal ruesa: PP, PSdeG-PSOE, BNG e RUA.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button