A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa asina un convenio de colaboración cultural con Abanca e Afundación

Grazas a esta sinatura, o Centro Cultural Avenida acollerá do 10 de maio ao 11 de xuño, a exposición fotográfica "Os fillos océano"

Sinatura do convenio por parte do alcalde da Rúa, do coordinador de Abanca en Ourense e da coordinadora para Ourense e Lugo de Afundación.

 

A exposición “Fillos do océano”, un proxecto fotográfico de Javier Teniente chega neste mes de maio ao Centro Cultural Avenida. O proxecto cultural será posible grazas ao convenio de colaboración entre o Concello da Rúa, Abanca e Afundación que forma parte do proxecto Corrente Cultural, que considera a arte como “un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo”.

A sinatura tiña lugar na mañá deste xoves 6 de maio en Ourense por parte do alcalde da Rúa, Álvaro Fernández López; do coordinador institucional de Abanca en Ourense, Mateo Alonso San Román; e da coordinadora Institucional para Ourense e Lugo de Afundación, Beatriz Fernández-Anguiano.

 

 

As comunidades de pescadores artesanais de todo o mundo, así como as mulleres e homes que viven por e para o mar, son as protagonistas deste proxecto que reúne imaxes únicas de Galicia ou Andalucía e de outros países como Senegal, Nicaragua, India, Sri Lanka, Brasil, Panamá, Madagascar, Vietnam, Noruega ou Indonesia.

A mostra, de entrada libre e de balde, poderase ver no centro cultural rues do 11 de maio ao 10 de xuño, de luns a domingo de 19 a 21 horas. Para visitas en grupo é necesario contactar co Concello da Rúa no teléfono: 988 310 116. Dende a administración lembran que durante a visita hai que “cumprir con todas as indicacións e medidas de prevención”.

 

Artigos relacionados

Back to top button