A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa cancela a Feira de mañá, 7 de outubro

Tomaban a decisión por prudencia malia que "a situación do municipio é estable con dous casos activos por COVID-19", aseguran dende a administración local

 

Aínda que a situación sanitaria actual en A Rúa é segundo o Concello “estable, contando con dous casos activos por COVID-19”, ante a previsión de desprazamentos con poboacións cercanas nas que as últimas novas continúan informando dun aumento significativo de casos, a aministración local decidía finalmente “suspender a feira que se celebraría mañá, día 7 de outubro”.

Dende o Concello aseguran que a intención era celebrala como se viña facendo ata agora adoptando todas as medidas de prevención e da forma máis segura posible. Pero, “tras meditalo e despois de realizar consultas ao respecto, decidimos adoptar esta medida de última hora priorizando sempre a saúde pública e buscando con iso evitar por tódolos medios a propagación do virus. Consideramos que despois de coñecerse a existencia de focos nos que pode haber contacto con A Rúa, é o máis prudente e solidario”, aseguran.

Con todo, debido ao aviso de última hora e “para non causarlles unha perda no produto, unicamente os pulpeiros que así o estimen necesario poñerán os seus postos”, puntualizan.

Artigos relacionados

Back to top button