A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa confirma 24 casos activos de coronavirus no municipio

Na xornada de onte Sanidade confirmaba o falecemento dun paciente diagnosticado por Covid-19

Fachada da Casa do Concello da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Aínda que de forma lixeira, o número de positivos por Covid-19 no deixou de subir dende a última actualización (o día 12 había 22 casos) no municipio da Rúa, chegando á xornada deste luns día 16, aos 24 (1 menos que onte) tal como confirma o Concello, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

Sanidade tamén confirmaba na tarde de onte, o falecemento na Rúa dun paciente de 94 anos diagnosticado por Covid, mentres o Comité Clínico de expertos que segue a evolución da pandemia en Galicia, mantén unha “observación especial”, neste concello, para decidir sobre as medidas a tomar.

Con todo, o nivel de alerta no mapa epidemiolóxico baixa a 0 (cor verde), con menos de 7 novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días.

 

Artigos relacionados

Back to top button