En portadaÚltima hora

O Concello da Rúa confirma dous novos positivos de Covid

Súmanse ao xa notificado o pasado 20 de agosto por esta administración local

Centro de Saúde da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na tarde deste 27 de agosto o Concello da Rúa vén de confirmar, a través dun comunicado nas redes sociais, dous novos casos positivos de Covid-19 neste municipio. “A día de hoxe, confírmanse dous casos positivos máis por Covid-19. Polo tanto, actualmente son 3 os casos activos por Covid en A Rúa”, segundo o Concello. O primeiro caso comunicado facíase público o pasado 20 de agosto.

Ademais dende o goberno municipal rues tamén se lles desexa “unha pronta recuperación aos afectados”. E incídese na importancia de que a cidadanía extreme as precaucións e no “cumprimento das medidas de autoprotección, xa que é a única forma de axudar a frear a propagación do virus”.

Artigos relacionados

Back to top button