En portadaÚltima hora

O Concello da Rúa confirma oito contaxiados por Covid-19 no municipio

 

Ante as consultas feitas por esa mesma canle, o Concello da Rúa vén de facer público a través do Facebook, unha nota na que explica as accións levadas a cabo dende que comezou a pandemia. “Poñémonos diariamente en contacto coas autoridades sanitarias para coñecer a situación en A Rúa e o número de contaxiados por Covid-19, que é o único dato ao que podemos acceder, xa que a xestión deses datos é exclusiva e confidencial das autoridades sanitarias”, aseguran dende o ente municipal.

A ese respecto, confirman que “ata o mércores 8 de abril, contabamos no concello con dous contaxiados que, nesa data, estaban practicamente dados de alta. Onte, día 13 de abril, confirmáronnos seis positivos máis. Polo tanto, o total de contaxiados no concello da Rúa dende que comezou a pandemia é de oito e ningún de gravidade”, aseguran.

 

Desinfección no Centro de Saúde da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Ademáis do contacto diario, no Concello levan tamén a cabo semanalmente unha Comisión de Seguimento do Covid-19 na que participan representantes de Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e ámbito sanitario. “Todo isto extremando as medidas de seguridade para a súa celebración”, puntualizan, facendo fincapé nos labores de desinfección realizadas ata o momento e as que se seguirán facendo como a diaria do Centro de Saúde. “Ademais coa barredora actuamos en todas as rúas e/ou beirarrúas nas zonas de negocios con tránsito continuo (supermercados, tendas, farmacias,…), coa desinfección dos contedores situados na zona que corresponde limpar ese día”, como  se ve nas imaxes da galería.

Fotos: Concello da Rúa

Artigos relacionados

Back to top button