ConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa conmemorará o 25N con obradoiros, un debate e a concentración na praza

O programa, con motivo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller, desenvolverase do 26 ao 27 de novembro

Concentración contra a violencia de xénero na Rúa. /Foto cedida.

 

Con motivo do #25N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello da Rúa organiza diferentes actividades para os días 25, 26 e 27 de novembro.

Por un lado, haberá obradoiros de prevención nos colexios para fomentar a igualdade dende idades temperás. Serán impartidos por Ánxela González (ODAIKO Educación), o día 25 para alumnos de 1º da ESO no IES Cosme López e o 26 para os de 5º e 6º de Primaria no colexio San Pablo VI-Fátima.

Ademáis, o día 25 de novembro ás 12 horas, levarase a cabo unha concentración na praza do Concello como conmemoración deste día.

Por último, o mércores 27 haberá un encontro-debate sobre a abordaxe da violencia de xénero para o que xa está aberto o prazo de inscrición (ata o día 26), pois o aforo está limitado a 35 prazas. Será na Aula Multiusos do Centro Cultural Avenida a partir das sete da tarde, e estará coordinado por Elsa Rodríguez trala proxección dunha curtametraxe.

 

Artigos relacionados

Back to top button