A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa convoca o VI concurso fotográfico “Olladas de Igualdade”

A data límite para presentar os orixinais é o 18 de maio establecéndose tres premios de 150, 75 e 50 euros

“Agora e sempre”, de Marina Puga, 1º Premio da V edición do concurso de fotografía.

 

Con certo retraso sobre a data para a que nacía hai seis anos, o Día Internacional da Muller, pero co mesmo obxectivo de “visibilizar o traballo da muller tanto o realizado de xeito remunerado como o non remunerado, así como destacar a necesidade da igualdade laboral entre mulleres e homes”, o Concello da Rúa vén de convocar, coincidindo do Día do Libro, a VI edición do concurso fotográfico “Olladas de Igualdade”.

A data límite para presentar os orixinais é o 18 de maio establecéndose tres premios: un primeiro de 150 euros, un segundo de 75 euros e un terceiro de 50 euros. Ademais, coas fotografías presentadas realizarase unha exposición conxunta nun lugar sen determinar (na Casa da Cultura ou no Centro Cultural Avenida).

Dende o Concello utilizaron a fotografía gañadora da pasada edición “Agora e sempre”, de Marina Puga Alonso para ilustrar o cartel deste ano, adiantando que “xa que non puidemos celebrar a exposición no pasado ano debido á situación sanitaria, as fotografías da V edición tamén contarán cunha sección para ser expostas e desfrutadas por todos”.

As bases poden consultarse aquí: BASES-VI-CONCURSO-OLLADAS-IGUALDADE

Artigos relacionados

Back to top button