ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Concello da Rúa distribúe o libro “Valdeorras o noso tesouro” no ensino

O libro “Valdeorras o noso tesouro”, pensado para o alumnado da comarca, está xa a chegar aos centros escolares. Así neste luns 10 de xuño o alcalde da Rúa en funcións, Luis Fernández, facíalles entrega destes volumes a centros educativos como o CEIP Manuel Repino deste concello.

Esta obra, de máis dun cento de páxinas, foi escrita por Antonio Castro Voces, Pablo Fernández Rodríguez, Alfredo Guitián López e David D. Vázquez Álvarez. Ademais contén ilustracións de Patricia Fernández e Juan José Albares. O libro foi editado pola Deputación de Ourense en colaboración cos Concellos do Barco e da Rúa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button