ConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa edita un bando coas medidas a ter en conta no municipio para saír a pasear e practicar deporte

Das 18 persoas contaxiadas por Covid-19 no municipio, 9 xa están dadas de alta

 

A partir de mañá, 2 de maio, as persoas dende os 14 anos en adiante poderán saír de casa para pasear e practicar deporte de forma individual, e dende o Concello da Rúa veñen de publicar un bando informativo acerca das medidas a ter en conta no municipio, según directrices do Goberno.

Dende o Concello rues tamén informan de que “no municipio hai un total de 18 persoas contaxiadas por Covid-19, das cales 9 xa están dadas de alta e 9 aínda sofren a enfermidade”, puntualizando que “como xa se aclarou noutras comunicacións, pode ser que varios deses casos correspondan á mesma familia, polo tanto, o número de focos activos sería menor”.

 

Artigos relacionados

Back to top button