ConcellosEconomíaEconomíaÚltima hora

O Concello da Rúa estará na Festa da Faba en Lourenzá (Lugo)

Do 5 ao7 de outubro, o municipio valdeorrés será o convidado nesta festa declarada de Interese Turístico de Galicia
O alcalde da Rúa, Luis Fernández Gudiña informando ao Pleno. /Foto: Mónica G. Bellver.

Entre o 5 e o 7 de outubro, A Rúa estará representada na XXVIII Festa da Faba en Lourenzá. Así o aseguraba o alcalde rues Luis Fernández Gudiña, no decurso do Pleno celebrado na tarde do 3 de setembro.

Trátase dunha festa gastronómica de Interese Turístico cun extenso programa de actividades no que cada ano convidan a un concello “e este ano seremos nós”, dixo Fernández Gudiña, adiantando que recibiron o convite o mes de xuño e pareceulles interesante. “É unha boa forma de dar a coñecer o noso municipio e as súas potencialidades a nivel cultural, turístico e mesmo gastronómico”.

Nese mesmo pleno, o alcalde daba conta doutras novas como a concesión por parte da Deputación dunha subvención de 20.000 euros para o proxector do Centro Cultural Avenida. “Non nos concederon a subvención da Xunta pero para non perder eses cartos afrontaremos o resto con fondos propios, intentando contar tamén con fondos privados, co fin de que en outono poidamos ter actividade no cine”, dixo Luis Fernández.

O rexedor tamén adiantou que finalmente Turismo de Galicia aportará o 65% do custe dun proxecto de sinalización e acceso do Camiño de Inverno e que as obras da cuberto do pavillón de deportes xa foron adxudicadas e comezarán en breve.

 

A corporación municipal da Rúa no Pleno celebrado na tarde do 3 de setembro./ Foto: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button