ConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa fai pública a distribución das mesas para a Festa do Codillo

 

A pouco máis de 24 horas para a apertura das portas do pavillón e igual que fixeran no Barco para o Botelo, o Concello da Rúa facía pública a planificación provisional das mesas de acordo cos datos das reservas na Casa do Concello.

Segundo estes datos, serán preto de 1.100 as persoas que se darán cita mañá, sábado 25 de xaneiro, no pavillón Victorino Núñez da Rúa para degustar, a partir das 15 horas, un menú a base de consomé con picatostes, codillo con chourizo, patacas e grelos e bica, ademais de viño, café e licores.

O xantar estará amenizado pola charanga Louband e unhas horas antes celebrarase o acto de inauguración desta XIII edición da Festa do Codillo. Será ás 12:15 h. no Centro Cultural Avenida, cun acto no que se homenaxeará a Álvaro Rodríguez “Purre” e se proxectarán os tráilers de Un Paseo por las Nubes e Midway.

Artigos relacionados

Back to top button