ConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa informa da existencia de 13 positivos por Covid-19 no municipio

Dous permanecen ingresados; dous xa superaron o virus pero aínda seguen sendo positivo; e os nove restantes permanecen en corentena

Fachada do Concello da Rúa.

 

Tal como vén facendo case dende que a pandemia chegou a Valdeorras, o Concello da Rúa informa periodicamente da situación do municipio en canto a positivos por coronavirus.

Tal como publican na páxina de Facebook, ata o día de hoxe, venres 8 de maio, foron 23 as persoas contaxiadas por coronavirus, das cales “10 xa están dadas de alta e 13 aínda son positivos por Covid-19 (dous permanecen ingresados; dous xa superaron o virus pero aínda seguen sendo positivos; e os nove restantes permanecen en corentena, a maioría xa están a piques de recibir o alta)”.

Dende o Concello tamén advirten de que continuamos en estado de alarma e, aínda que xa podemos pasear e practicar deporte nas condicións establecidas polo Goberno, “non podemos baixar a garda”.

“Debemos continuar tomando as precaucións necesarias e adoptando as medidas de protección que indican as autoridades sanitarias. É moi importante cumprir coas distancias de seguridade”, explican en relación ás saídas controladas que comezaron a facerse hai un par de semanas. Primeiro os menores de 14 anos para xogar e despois o resto da poboación para pasear e facer deporte.

Artigos relacionados

Back to top button