ConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa pecha as instalacións municipais agás a Casa Consistorial a partir das 16h. de hoxe

Entre as medidas preventivas por mor do contaxio do coronavirus está a suspendión da renovación do D.N.I. ata nova orde

Concello da Rúa./Foto: Ángeles Rodríguez.

 

O Concello da Rúa vén de emitir un bando coas medidas preventivas adoptadas por mor do contaxio do COVID-19 (coronavirus) aplicables a este municipio.

A primeira e máis destacada é o peche de todas as instalacións, agás a Casa Consistorial, a partir das 16h. de hoxe 13 de marzo. Isto supón “a cancelación de todas as actividades previstas no Centro Cultural Avenida, na Casa da Cultura, no pavillón de deportes, no campo de fútbol Vicente Solarat Maceda, no Centro de Día e na Ludoteca”. Esta suspensión será de aplicación nos vindeiros 15 días, “prazo que poderá ser prorrogado”.

En canto á Casa Consistorial prégase aos cidadáns que “se absteñan de acudir presencialmente e que se comunique para calquera trámite previamente por teléfono salvo urxencia xustificada”. Os teléfonos de atención son: 988 310 116 para trámites xerais e 988 312 229 para trámites de servizos xerais. E-mail: concellodarua@gmail.com.

Dende o Concello aconsellan que en caso de presentar  síntomas relacionados co COVID-19 (febre, tose e dificultades respiratorias), ou ter contacto con persoas contaxiadas “permanezan no domicilio e chamen aos teléfonos de asistencia domiciliaria (900 400 116 ou 061).

 

Artigos relacionados

Back to top button