EconomíaEconomíaÚltima hora

O Concello da Rúa porá en marcha, o 15 de decembro, a campaña de apoio ao comercio e hostalaría locais

"En Nadal merca na nosa Rúa" estenderase ata o 15 de xaneiro

Negocios na estrada principal da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Destinada a promover e impulsar o consumo no comercio e hostalaría locais que, “tras unha difícil etapa marcada polos perxuízos que trouxo consigo a pandemia actual, continúan apostando pola Rúa, polos seus veciños, e por xerar riqueza e cercanía no municipio”, xorde a campaña “En Nadal merca na nosa Rúa” que o Concello porá en marcha do 15 de decembro de 2021 ao 15 de xaneiro de 2022.

Con esta campaña impulsada en época navideña, “intentaremos destacar entre todos a importancia de valorar o que temos preto e amosaremos como o diñeiro que se invirte en mercar e consumir local continuará circulando dentro do entorno próximo”, aseguran dende o Concello, explicando que cada establecemento adherido recibirá unha guía que levará anexado un billete de curso legal. “Esa guía comezará a circular entre as compras nos diferentes establecementos, sendo anotada, coa preceptiva protección de datos, cada unha das persoas que a empregaron. Esas persoas pasarán automaticamente a participar nun sorteo de vales de compra e o/a participante número 25 da guía, recibirá ademais no Concello un obsequio característico desta campaña de Nadal”.

O prazo de adhesión dos establecementos estará aberto ata o 14 de decembro de 2021. Para adherirse deberán presentar no Concello, por rexistro presencial ou electrónico, a solicitude de adhesión que atoparán no anexo das bases.

Os detalles da campaña, pódense consultar neste enlace: BASES-REGULADORAS-DA-CAMPAÑA-DE-APOIO-AO-COMERCIO-E-A-HOSTALARÍA-DA-RÚA

Artigos relacionados

Back to top button