A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa programa dous obradoiros online para celebrar o Día da Muller

Fachada da Casa do Concello da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

No marco sanitario actual, dende o Concello da Rúa cren necesario evitar, na medida do posible, calquera posibilidade de aglomeración, polo que este ano non convocarán a tradicional concentración o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, nin se levarán a cabo actividades presenciais. “Sen embargo, isto non impediu buscar alternativas para conmemorar este día e facelo igual de importante e significativo”, aseguran.

Así, veñen de propoñer dous obradoiros online que se levarán a cabo neste mes de marzo. “Con eles continuaremos fomentando a igualdade, baseándonos especialmente en fortalecer a autoestima e as actitudes positivas cara o autocoñecemento e a validación das nosas emocións”, explican dende o concello rues.

 

 

O primeiro, previsto para o 11 de marzo de 17 a 18 horas será o de “Autoestima e desgaste emocional”; e o segundo, programado para o 18 de marzo de 18 a 19 horas será o de “A actitude multiplica-Coaching motivacional”.

A inscrición en ámbolos dous é de balde, a través dos teléfonos: 988 310 116 / 643 958 844 ou do correo electrónico: servizos.sociais@arua.gal. Para o primeiro tamén se pode inscribir no seguinte enlace:

https://igualdadeonline.thinkific.com/courses/AUTOESTIMA-ARUA?fbclid=IwAR3oO8s4pe0xxRuludQvO3b8HEXRpcLE2q2HK7U8n7UyjelbX_5KSN5cxIQ

Artigos relacionados

Back to top button