SanidadeÚltima hora

O Concello da Rúa promove unha campaña contra o cancro infantil

Desenvolverase entre o 15 de marzo e o 15 de xullo co fin de recabar fondos
Presentación da campaña no Concello da Rúa./ Foto cedida polo Concello da Rúa.
Presentación da campaña no Concello da Rúa./ Foto cedida polo Concello da Rúa.

Coa intención de recaudar fondos para a investigación do cancro infantil o Concello da Rúa en colaboración con outras entidades como a Asociación Alba Pérez presentaba a finais de febreiro na casa consistorial ruesa a campaña “Sonrisas&Vidas”, que se desenvolverá entre o 15 de marzo e o 15 de xullo.

A campaña contará con dous puntos álxidos: unha gala humorística que se celebrará o día 2 de abril no Centro Cultural Avenida e un festival de música o día 4 de xullo no pavillón municipal.

O eslogan da campaña e o deseño do cartaz (así como o dos eventos) é obra de Daniel Luis Naranjo, ganador o pasado ano dos dous concursos de carteces da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button