DeportesÚltima hora

O Concello da Rúa propón ximnasia de mantemento de forma telemática ante a imposibilidade de facelo presencialmente

A monitora realizaría un ou dous titoriais por semana que serían enviados aos usuarios para facer a actividade dende a casa e dun xeito seguro

Material para facer ximnasia na casa.

 

Ante a imposibilidade de realizar o servizo de ximnasia de mantemento de forma presencial, dende o Concello da Rúa propoñen aos usuarios unha alternativa: adaptar a actividade de forma telemática para que poidan desfrutar da rutina de exercicios dende as súas casas.

“Nesta situación sanitaria que nos ocupa, non poderiamos, aínda que adoptasemos todas as medidas preventivas, impartir esa actividade de maneira presencial sen que supuxese un risco para a saúde”, explican dende o Concello na carta que remitiron aos habituais usuarios do servizo. Así pois, pensaron na idea de adaptar as clases de xeito que a través de medios electrónicos (móbil, ordenador, tablet,…), logren continuar coa rutina de deporte que tiñan marcada durante o ano e que aporta vitalidade e enerxía dun xeito saudable a quen a practica. A tal fin, a monitora “realizaría un ou dous titoriais por semana que serían enviados para facer dende a casa dun xeito seguro”, puntualiza o alcalde Álvaro J. Fernández.

De considerar a alternativa como óptima, os interesados deben poñerse en contacto co Concello no teléfono de atención ao cidadán: 643 958 844.

 

Artigos relacionados

Back to top button