A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa publica no BOP a convocatoria para a contratación de dous albaneis e un peón

O prazo para a presentación das instancias é de cinco días hábiles a partir de mañá, mércores 14 de abril

Praza do Concello da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na mañá deste martes 13 de abril, publicábase no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal de dous oficiais de oficio (albaneis) e un operario (peón) por parte do Concello da Rúa, a través do programa de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade da Deputación de Ourense.

O contrato laboral que se realizará coas persoas seleccionadas, será a xornada completa polo prazo de tres meses, e no caso dos oficiais, as funcións serán de apoio a servizos básicos do concello (arranxo, embelecemento e mantemento de beirarrúas en todo o termo municipal arranxo, mantemento de instalacións do concello, aranxo e mantemento zonas axardinadas do concello; mantemento de instalacións municipais,…).

No caso do peón, as funcións propias asignadas o posto de traballo serán nos seguintes servizos: limpeza, arranxo, embelecemento e mantemento de beirarrúas en todo o termo municipal (A Rúa, Roblido, San Xulian, Somoza, Vilela); limpeza, arranxo, mantemento instalacións do concello (pavillón, centro cultural avenida, centro de saúde, casa da cultura, casa do concello); limpeza, arranxo e mantemento zonas axardinadas do concello; mantemento de instalacións municipais; labores de xardinería,..

O prazo para a presentación das instancias é de cinco días hábiles a partir de mañá, mércores 14 de abril. As bases de selección están colgadas no portal electrónico do Concello da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button