EconomíaEconomíaÚltima hora

O Concello da Rúa publica unha serie de medidas extraordinarias para o sector hostaleiro

Esstarán vixentes ata o 1 de outubro podendo prorrogarse, modificarse ou anularse "en función da evolución do Covid-19"e

Unha terraza na rúa Campogrande. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Coa idea de “facilitar a volta á actividade habitual do sector da hostalaría pero dunha forma segura e en cumprimento dos protocolos e parámetros sanitarios”, o Concello da Rúa vén de editar un bando municipal cunha serie de medidas extraordinarias “froito da situación excepcional que atravesamos”, que serán de aplicación ata o 1 de outubro de 2020, “sen perxuízo dunha posible prórroga, modificación ou anulación dependendo da evolución do coronavirus e das medidas que adopten as autoridades competentes”, aseguran dende o ente municipal.

Unhas das medidas é a do horario para os establecementos hostaleiros: de luns a xoves ata a unha da madrugada; e a fin de semana e véspera de festivos ata as 2:30h. “A esa hora deberán estar recollidas as mesas e cadeiras e limpo o espazo público utilizado”, tal como indica o  bando.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button