A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa ratifica o convenio coa CIUGA para acoller un ano máis os exames de selectividade

Segundo a Comisión Interuniversitaria de Galicia, as probas serán previsiblemente a comezos de xuño

 

Un ano máis, o Pleno do Concello da Rúa aprobaba o convenio coa CIUGA (Comisión Interuniversitaria de Galicia), para a celebración das probas de selectividade no instituto rues. Uns exames que están previstos para os días 8, 9 e 10 de xuño en convocatoria ordinaria e para os días 13,14 e 15 de xullo en convocatoria extraordinaria, aínda que se trata de datos provisionais, a falta da confirmación definitiva.

Nese mesmo Pleno celebrado na tarde deste luns 3 de maio, o primeiro ao que asistía o novo secretario incorporado hai menos de dous meses, rechazábase a moción presentada polo PSdeG-PSOE para “a creación dun grupo de traballo, á maior brevidade posible, co fin de establecer as bases e as prioridades do concello da Rúa para concorrer as diferentes convocatorias para o reparto dos fondos NEXT GENERATION EU”. BNG votaba a favor mentres que PP e RUA votaban en contra “non porque non estemos dacordo, senón porque ámbolos dous grupos políticos aseguraron que o mellor sería esperar a saber con que cuantía contarán para traballar sobre ela. “A día de hoxe non temos nada nin sabemos canto nos tocará”, dixo José Vicente Solarat. O alcalde pola súa banda, asegurou que eles xa teñenas súas propias ideas polo que antes de votar propuxo deixar a moción para outra ocasión, sendo a proposta rexeitada polo PSOE.

No turno de informes da alcaldía, Álvaro Fernández informou á corporación de que o Concello da Rúa saldará a súa débeda (superior aos 800.000 euros) coa Deputación de Ourense mediante un pago mensual de 11.000 euros grazas a un convenio asinado en marzo entre ambas as entidades.

O rexedor tamén informou aos concelleiros sobre un acordo coa Secretaría Xeral do Deporte que ascende a 55.000 euros e que se utilizará para melloras na zona do Aguillón, dos cales 11.000 euros serán achegados polo Concello. En canto ás melloras en estradas e outras infraestruturas, o equipo de Goberno deu conta sobre o arranxo na Rúa Coballo, onde se executarán as beirarrúas cun orzamento de 125.000 euros que achegará a Deputación. Tamén se investirán 44.000 euros para o arranxo do acceso ao Barranco Rubio, entre outros.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button