En portadaÚltima hora

O Concello da Rúa suspende a feira de San Andrés prevista para o 30 de novembro

Dende a administración local adiantan que "é moi probable que a do 7 de decembro tampouco poida celebrarse"

Primeira feira na Rúa tralo estado de alarma. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Debido á situación provocada pola propagación do Covid no concello da Rúa, localidade que ten implementada unha “observación específica” por parte do Comité Clínico ao non rexistrar melloría no descenso de casos activos, dende o Concello tomaron a decisión de “suspender a tradicional feira de San Andrés deste próximo 30 de novembro, nas mesmas condicións que no pasado día 7”, é dicir “unicamente poderán poñer os seus postos os pulpeiros que estean asociados a outra actividade, xa que se entende que é un servizo do propio local”, debendo cumprir con todas as medidas de protección e prevención establecidas polas autoridades sanitarias.

Dende a administración local agardan que a situación mellore pronto para o ben de todos, pero “salvo que a evolución na seguinte semana fose moi favorable, é moi probable que a feira do 7 de decembro tampouco poida celebrarse”, adiantan.

Artigos relacionados

Back to top button