ConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa ultima as actividades do verán 2018

A Baco Festa trae como novidade un xantar popular o domingo 12 de agosto

As festas, que se celebrarán do 2 ao 6 de agosto e a Baco Festa, do 10 ao 12, son as dúas celebracións de referencia no mes de agosto no concello da Rúa e o alcalde Luis Fernández Gudiña, explicou ao Pleno as programacións previstas para este ano, a falta de concretar pequenos datos, especialmente no apartado deportivo.

Ámbalas dúas citas seguirán o esquema dos anos anteriores se ben na Baco Festa preséntanse certas novidades. A principal será o convite que farán a algún Concello para que participe, ademáis dun xantar popular o domingo.

A posta en coñecemento das actividades do verán 2018 era un dos puntos da orde do día da sesión ordinaria celebrada na tarde do 9 de xullo. Unha sesión rápida, a primeira presidida polo novo secretario Nedal Pablo Shehadeh Rey, na que se aprobaba a “ratificación do acordo de aprobación do convenio para a Selectividade de 2018 entre a CIUGA e o Concello da Rúa”, un mes despois de celebrarse as probas. O que non figuraba na orde era a parte de Decretos “debido a que faltan algúns, sobre todo relacionado con contabilidade que non puderon rematarse”, explicou o alcalde.

Xa no turno de rogos e preguntas, o voceiro popular Avelino García Ferradal preguntou ao alcalde se presentarían ou non os presupostos deste ano ao que Luis Fernández respondía que “a intención do Concello era presentalos no mes de xuño pero non foi posible por distintas circunstancias, e a día de hoxe non me atrevo a dicirlle se os vai haber ou non”. Que A Rúa presente presupostos, dependerá “do procedemento de liquidación que agora estamos levando a cabo”, e de non poder presentalos en breve optarán “por intentar facer os presupostos do 2019, sen presa con todos os datos que necesitamos porque non sería moi lóxico elaboralos para que tan só estén vixentes dous meses”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button