A VeigaConcellosÚltima hora

O Concello da Veiga cancela as actividades municipais polo incremento de casos activos de Covid

Panorámica da Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o Concello da Veiga veñen de emitir un bando infromativo sobre o aumento de casos activos de Covid no municipio e as medidas preventiva a tomar. “Estamos con 14 contaxiados e o peor é que teñen orixe en 4-5 grupos distintos e non coincidiron en ningún lugar”, explica o alcalde, Juan Anta, incidindo en que dos 14 só hai unha persoa que ten máis complicacións previas “o resto son case asintomáticos”, di adiantando que hoxe acabaranse de facer o resto das probas.

Ante esta situación anuncian o peche temporal de todas as actividade municipais ou aquelas relacionadas en colaboración co Concello, ben sexan musicais, pedagóxicas ou deportivas…

Do mesmo xeito recomendan a toda a veciñanza seguir coas recomendacións da Consellería de Sandade, con especial atención ás medidas de hixiene (lavar as mans con abundante xabón, cubrir cun pano de só uso a boca ao tusir e evitar toca ollos, nariz e boca).

Os datos feitos públicos polo Sergas ás 18 horas do 2 de novembro, indican que os positivos por Covid na Veiga son 9.

 

Artigos relacionados

Back to top button