ConcellosÚltima hora

O Concello da Veiga formará parte do Plan de pastos en extensivo da Xunta

O conselleiro do Medio Rural transladoullo hoxe nunha reunión ao alcalde, Juan Anta

O alcalde da Veiga, Juan Anta, reuniuse nesta mañá de 24 de xullo co conselleiro do Medio Rural, José González. O obxectivo desta reunión foi o de analizar posibles proxectos de mobilización de terras co fin de xerar unha actividade económica rendible.

 

Durante a reunión.

 

Así, o alcalde solicitou a entrada da Veiga no Plan de pastos en extensivos da Xunta, ao que o conselleiro concedeoulle formar parte del. Este plan comeza este ano e ten como obxectivo fomentar a ordenación e posta en valor deste aproveitamento, á vez que se mellora a loita contra os incendios forestais. Tanto o alcalde como o propio conselleiro entenden que “o labor dos gandeiros é esencial para o futuro do rural galego, dado que son dinamizadores da economía rural e xogan un papel elemental para a prevención de incendios e para o coidado da natureza”.

Artigos relacionados

Back to top button