EconomíaEconomíaÚltima hora

A Veiga promove “Soño nunha noite de verán”, unha actividade de observación do ceo en Trevinca

Terá lugar o vindeiro sábado 27 de xullo e contará con dúas modalidades: cea e observación ou só observación

O Concello da Veiga organiza, dentro do seu programa de verán, unha actividade en Trevinca de observación do ceo, chamada “Soño nunha noite de verán”. Así, terá dúas modalidades: cea e observación, ou só observación, cun prezo de 15 ou 6 euros, respectivamente.

 

Cartaz.

 

O lugar será o Mirador Astronómico Starlight Trevinca, un dos mellores lugares con ceos escuros de Galicia. A observación terá lugar a partires das 23:00 horas e contará coa presenza de Óscar Blanco, un dos grandes referentes da astronomía a nivel nacional. “Teremos unha noite espectacular para ver un dos mellores ceos do mundo”, asegura.

Os asistentes deberán inscribirse no correo trevincastarlight@gmail.com ou no teléfono 988 35 01 30.

Texto: Alba Prada.

Artigos relacionados

Back to top button