OurenseÚltima hora

O Concello de Allariz comeza a renovación da sinalización das rutas

 

Dende o Concello de Allariz vén de iniciarase a renovación da sinalización das rutas do municipio. O proxecto comezou coa colocación de 6 novos indicadores na Ruta do Canelar. Este é un sendeiro circular “dun interese paisaxístico e patrimonial innegable, que parte e remata na aldea de Paicordeiro”, destacan dende o Concello.

O Canelar ten una variante longa de 9 km que chega ata Penamá. Neste punto foi sinalizado un miradoiro que ofrece unha vista espectacular en pleno epicentro da Reserva da Biosfera Área de Allariz. A ruta tamén conta cunha variante curta de 5 km que nos conduce ata a bela aldea de San Salvador dos Penedos e os restos do Castelo de Todea, volvendo ao punto de inicio. O percorrido de volta dende San Salvador ata Paicordeiro transcorre pola Vía da Prata o seu paso polo Concello de Allariz.

Ademais desta intervención, neste mes de maio procederase á resinalización e mantemento do tramo das rutas BTT que percorren a Reserva da Biosfera, en Allariz.

 

Un dos sendeiros onde se renovou a sinalización en Allariz./ Foto: Concello de Allariz.

 

 

“De cara ao verán procederase á mellora das pezas informativas en Santa Mariña e Armea, colocando indicadores para que os visitantes sigan a ruta correcta sen perder nada dunha paraxe histórica e natural magnifica”, tal e como se anuncia dende o Concello.

As Áreas de Medio Ambiente e de Turismo colaboran neste proxecto que tenta facilitar a cidadanía local e visitante o acceso a os nosos recursos naturais e patrimoniais.

Artigos relacionados

Back to top button