OurenseÚltima hora

O Concello de Allariz e a CHMS colaboran para reconstruír o paseo fluvial sobre o Arnoia

O paso viuse afectado polas crecidas do río da primeira semana de febreiro

A crecida do río Arnoia, ao seu paso por Allariz, a primeiros de febreiro levábase por diante as pedras do pasal do Briñal a causa da auga descargada polo temporal. Agora o Concello de Allariz e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) veñen de anunciar que colaborarán na reconstrución deste paso fluvial sobre o Arnoia, no Briñal.

O organismo do Miño-Sil xa anunciara, o pasado 30 de xaneiro, o inicio de actuacións en dous tramos de río, unha primeira zona, desde as inmediacións do centro escolar de Allariz ata a Ponte de Vilanova e a contorna das piscinas municipais, e unha segunda zona, á altura do complexo deportivo do Seixo e que finaliza augas abaixo do “ Muíño do Briñal”, que incluía, entre outros traballos, a retirada dos troncos retidos polo paso fluvial.

Artigos relacionados

Back to top button