OurenseÚltima hora

O Concello de Barbadás continúa coas actividades de verán

Esta semana haberá unha "masterclass" de natación os días 5 e 7 de agosto e a actuación de "Ghazafelhos" o día 6

Os veciños do concello ourensán de Barbadás seguen a desfrutar dunha variada axenda de actividades culturais e de ocio. Esta semana está programada unha masterclass de natación na piscina municipal para os días 5 e 7 de agosto, de 10:00 a 12:00h. A actividade será de acceso gratuíto e a reserva da praza deberáse efectuar no posto de admisión da propia piscina.

 

Cartel da actividade na piscina. / Foto: cedida.

 

Noutro ámbito, continúan os espectáculos do proxecto “E no verán?… Refréscate Coa Cultura”. Este xoves, 6 de agosto, será a quenda do espectáculo “Acuario”, a cargo do Grupo Ghazafelhos. A representación comezará ás 21:00h no Parque dos Patos da Valenzá. Trátase dunha obra de teatro actoral para público infantil e familiar cunha duración aproximada de 60 minutos. Está baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título e busca achegar aos máis pequenos á poseía en galego á vez que aprenden os nomes dos peixes e descobren a riqueza biolóxica do litoral.

 

Cartel de “Acuario”. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button