ConcellosÚltima hora

O Concello de Barbadás inaugura os parques da Solaina e da Casa da Cultura

Entre as melloras feitas está a incorporación de pavimento de caucho e novos elementos de xogo para os máis cativos
O parque da Solaina, en A Valenzá, ten unha nova tirolina de 10 metros de percorrido.

O Concello Barbadás inaugurou hoxe os parques infantís da Solaina e da Casa da Cultura tras levar a cabo diversas actuacións de mellora e acondicionamento de devanditas áreas de xogo. En concreto, no parque da Solaina retirouse a area e substituíse por caucho de diferentes cores, tonalidades de deseños. Unha das principais novidades deste parque é a instalación dunha tirolina de 10 metros de percorrido e tamén se reestruturou a distribución do parque e reforzáronse os elementos que xa estaban.

Dende o Concello resaltan que o obxectivo das melloras foi facer dun dos parques máis utilizados da Valenzá “un lugar máis habitable para a cidadanía, cómodo para os nenos e nenas e funcional coa utilización do entorno”.

En canto ao parque da Casa da Cultura creáronse dúas zonas diferenciadas: na parte de arriba para os nenos e nenas máis grandes, e outra na parte inferior. Nesta parte baixa instalaron elementos de xogo para os máis cativos como unha casiña multixogo e un tren. Asemade, tamén puxeron pavimento de caucho continuo e céspede artificial.

Artigos relacionados

Back to top button