OurenseÚltima hora

O Concello de Barbadás organiza unhas xornadas informativas online sobre o Covid-19

Están dirixidas a empresarios, comerciantes, autónomos e desempregados, e celebraranse o 7 e 8 de maio

Casa do Concello de Barbadás.

Dirixidas ao sector empresarial, aos autónomos, comerciantes e tamén persoas desempregadas, están as xornadas informativas sobre o Covid-19 que o Concello de Barbadás organizou, dende a Concellería de Promoción Económica, para os días 7 e o de maio.

En formato online, as xornadas abordarán “cuestións de interese como consecuencia da pandemia: lexislación, axudas, trámites e resolución de dúbidas”, explica o concelleiro de Promoción Económica, Ramón Selas.

 

Cartel das xornadas.

 

A actividade para empresarios, autónomos  e comerciantes celebrarase o xoves 7 de  maio entre as 18 e as 20 horas. Para acceder, hai que seguir o seguinte enlace: https://meet.google.com/npd-addb-xyc?authuser=2

No caso dos desempregados poderán acceder o venres 8 de maio, de 11 a 13 horas neste enlace: https://meet.google.com/may-gpds-jus?authuser=2

Artigos relacionados

Back to top button