OurenseÚltima hora

O Concello de Barbadás pon en marcha unha campaña de apoio á hostalaría

 

 

A través do Centro Empresarial Transfronteirizo, o Concello de Barbadás pon en marcha unha campaña de apoio ao sector da Hostalaría elaborando un listado de establecementos abertos e que poden seguir prestando os seus servizos.

A Xunta de Galicia emitiu unha orde o 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. A orde indica que os establecementos de restauración, restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio.

A normativa da Xunta establece que “en todo caso evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios”. Ante estas medidas, o Concello de Barbadás iniciaba a campaña “Apoia á Hostalaría de Barbadás”.

Artigos relacionados

Back to top button