OurenseÚltima hora

O Concello de Barbadás seguirá repartindo mascarillas en diferentes puntos do municipio

As de tea están sendo confeccionadas por máis de 20 persoas de xeito altruísta

 

Dende o Concello de Barbadás continúa repartindo mascarillas de tea nos establecementos comerciales abertos e tamén nas dependencias da Policía Local onde se entregarán tamen as infantís. Do mesmo xeito repartiranse mascarillas cirúrxicas, entre as persoas maiores de 60 anos ou con patoloxías nas Oficinas Municipais da Valenzá.

Tal como informan dende o ente municipal, a maior parte das mascarillas de tea están sendo confeccionadas por máis de 20 persoas de xeito altruísta. Primeiro entregáronse nos centros da terceira idade e dende hai semanas distribúense periodicamente nos establecementos comerciais, lugares nos que hai que solicitalas. Adercou (Asociación de Desenvolmento Rural da Comarca de Ourense, con sede no Centro Empresarial Transfronteirizo, ubicado en Pontón) doou unhas 150 aproximadamente tanto para nenos e nenas como para adultos.

Para que ninguén quede sen a súa, dende o Concello de Barbadás estableceron un calendario de reparto. As cirúrxicas para maiores de 60 anos ou con patoloxías, entregaranse os martes de 17 a 19 e os xoves de 9 a 14 horas nas Oficinas Municipais da Valenzá; e os mércores de 9 a 14 horas na casa consistorial,  fundamentalmente para persoas que residan na zona de Barbadás, Pontón, Bentraces, Sobrado e Loiro.

As mascarillas de tea (para adultos e nenos) repartiranse á Policía Local de luns a venres, de 9 a 14 horas; e nos establecementos comerciais abertos.

Artigos relacionados

Back to top button