ConcellosÚltima hora

O Concello de Castro Caldelas destinará 200.000 euros a infraestruturas no rural

Unha estradas de Castro Caldelas nas que se realizaron melloras./ Cedida.

 

O Concello de Castro Caldelas destina neste 2021 preto de 600.000€ ao capítulo de investimentos. Deles 200.000€ están adicados a infraestruturas no rural, tal e como destaca a alcaldesa, Sara Inés Vega.

“Cun presuposto de algo mais de 2.500.000€ (orzamento que cada ano se incrementa xa que partimos de un presuposto de 1.128.000€ no ano 2015) estamos apostando por un forte investimento en saneamentos, nova pavimentación nos diferentes núcleos do municipio (95 núcleos de poboación), melloras nas captacións e depósitos de auga, mellora do firme nas estradas e rúas…”, explica a rexedora.

Sara Inés Vega tamén indica que “acabamos de acometer melloras nas drenaxes de Tronceda, estrada de As Carballeiras, estrada de Vimieiro, pavimentación e alcantarillado na Ventosa, pavimentación en Vilar de Oleiros, melloras nas pistas de Concentración Parcelariade Mazaira,… e continuamos coas obras sen descanso nestes vindeiros meses”.

Artigos relacionados

Back to top button