ConcellosÚltima hora

O Concello de Folgoso do Courel promove unha iniciativa para a recuperación do Museo de Xan de Vilar

Xan de Vilar. Foto: Corre O Vento.

 

O Concello de Folgoso do Courel vén de anunciar que promove unha iniciativa para a recuperación do Museo de Xan de Vilar. “Convidamos a quen queira sumarse a doar obxectos etnográficos para o museo de Xan. Tamén imos iniciar a recuperacion de fotos relacionadas con Vilar e con Xan”.

Neste senso, indican que “todas as persoas que queiran colaborar poden poñerse en contacto co Concello a través do mail info@folgosodocourel.com ou no número 606118944”.Os obxectos quedarán custodiados polo Concello de Folgoso do Courel ata a inauguración do novo museo de Xan.

Ademais, poderán depositarse tamén nas oficinas do Concello en rraza de Manuel Fraga de Folgoso do Courel 27325.

“Todos xuntos imos devolverlle a ilusión a Xan. Non serán as súas pertenzas anteriores, pero será un novo punto de partida para a súa recuperación e posta en valor. Deste xeito, agradeceremos todo o traballo e esforzo que desinteresadamente Xan fixo polo Courel, ensinando o seu museo etnográfico. Amosarémoslle tamén o noso apoio e cariño”, resaltan dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button