ConcellosÚltima hora

O Concello de Larouco anuncia que realizará labores de desinfección

A través dun bando agradece a colaboración veciñal e tamén lembra a importancia de "seguir as medidas" preventivas que dan as autoridades

 

A alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, vén de emitir neste venres un bando no que pon en coñecemento dos veciños que ata ese momento “non temos ningún caso de COVID-19” neste municipio valdeorrés. Ademais expresa o seu agradecemento a todos “pola vosa cooperación e responsabilidade nestes días tan duros que estamos a vivir. Toda precaución é pouca, e debemos seguir as medidas que nos esixe o goberno, xunto co Ministerio de Sanidade, polo noso ben e o dos veciños”.

Ademais, Lamela insiste en que “queda, mínimo, outra semana para demostrar a nosa reponsabilidade. Dende o Concello estamos seguros de que así todos o faremos Queda na casa“. En Larouco están habilitados tamén dous teléfonos o 988 34 80 02 (Concello) e no 628115379 (Urxencias). Así mesmo o Concello de Larouco ten previsto realizar labores de desinfección.

Este é xa o terceiro bando publicado polo Concello de Larouco dende o inicio da emerxencia sanitaria do coronavirus. Nos dous primeiros incluíanse unha serie de medidas a levar a cabo no municipio, así como de recomendacións para “mitigar a propagación e o contaxio do coronavirus”.

Artigos relacionados

Back to top button