ConcellosLaroucoÚltima hora

O Concello de Larouco busca pertencer á rede de ‘Municipios contra o maltrato’

 

No seu compromiso de seguir combatendo a violencia de xénero a través da súa acción de Responsabilidade Corporativa ‘Contra o maltrato. Tolerancia Cero’ e co obxectivo de ir máis alá da sensibilización social e a prevención, Atresmedia pon en marcha ‘Municipios contra o maltrato’, unha iniciativa de acción social que supón un chamamento directo á mobilización na loita fronte á violencia de xénero, implicando aos municipios de España.

Máis de 300 concellos xa solicitaron sumarse a esta iniciativa, entre eles o de Larouco, na comarca de Valdeorras. Tal como explica a alcaldesa, Patricia Lamela, entre os requisitos para pertencer á rede están a organización de eventos, levar a Pleno a adhesión, poñer cartelería ou decretar loito oficial en caso de vítimas, algúns dos cales xa fixeron. “Levámolo a Pleno o mes pasado e onte, con motivo do Día da Muller fixémolo público”, adianta Patricia.

 

Artigos relacionados

Back to top button