ConcellosLaroucoÚltima hora

O Concello de Larouco confirma un positivo de Covid no municipio

Exterior do Concello de Larouco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, vén de confirmar esta tarde de 17 de outubro a través das redes sociais a existencia dun caso activo de coronavirus neste municipio valdeorrés. “A persoa afectada encóntrase ben e a familia tamén, á espera de resultados, isto é o único importante agora, a súa saúde”, destaca a rexedora.

Ademais Patricia Lamela informa de que “comezaron eles xa cos protocolos na casa e o mesmo fixemos dende o Concello” e chama á veciñanza a extremar as precaucións. “Levamos meses inmersos nunha pandemia, coidarse e seguir todas as indicacións é o que nos debe preocupar”, conclúe.

Artigos relacionados

Back to top button
Close