ConcellosEn portadaÚltima hora

O Concello de Manzaneda asume a xestión do Centro de Día

A cesión vén facerse efectiva tras a sinatura dun convenio entre a Consellería de Política Social e o Concello

 

Interior do Centro de Día de Manzaneda./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Consorcio Galego do Servizo de Igualdade e Benestar vén de concederlle a xestión do Centro de Día de Manzaneda o Concello. A entrega fíxose efectiva  a través dun convenio de cesión que asinaban o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o alcalde de Manzaneda, Félix Domínguez Cortiñas.

No convenio establece o marco de colaboración para a xestión de dito centro e un servizo de atención as persoas maiores veciñas do concello. A duración deste acordo é de 5 anos prorrogables noutros 5 se ningunha das partes asinantes fai unha renuncia expresa do mesmo.

“O Concello de Manzaneda asumirá así a xestión de dito centro, ben de forma directa, ben de forma indirecta, para o uso a de atención as persoas da terceira idade e apoio o xeriátrico, tamén competencia do concello”, segundo explica o seu alcalde.

Ademais Félix Domínguez adianta que nas vindeiras semanas o Concello fará unhas xornadas onde se contará “coa visita de expertos en servizos sociais, cooperativas, asociacións de mulleres rurais, etc… para estudar as potencialidades de dito centro e darlle así o mellor uso dentro do marco establecido en dito convenio”.

Artigos relacionados

Back to top button