ConcellosManzanedaÚltima hora

O Concello de Manzaneda confirma 3 novos positivos no municipio

Foto: Mónica G. Bellver.

 

Medra o número de casos activos de Covid-19 no municipio de Manzaneda, que pasa de 2 a 5 positivos. Así o vén de confirmar o Concello de Manzaneda. “No día de hoxe a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, vén de confirmarnos 3 novos positivos no noso concello. Estos casos xa levaban confinados dende fin de ano por ser contacto directo dun dos positivos que xa existía, durante o seu confinamento xa fixeran 2 PCR, sendo ambas negativas e na terceira proba na que se supoñía que lle darían a alta, sairon positivas”, tal e como sinala nun comunicado o Concello de Manzaneda.

Ademais, dende o Concello póñense “a disposición destas persoas para todo aquilo que poidan necesitar” e tamén lles desexa “unha pronta recuperación a todos eles”.

Artigos relacionados

Back to top button