ConcellosManzanedaÚltima hora

O Concello de Manzaneda retoma o Festival Celtibérico de Bandas de Gaitas e o Serán da Seitura

Celebraranse o 31 de xullo e o 1 de agosto "cumprindo todas as medidas que estean vixentes e propostas polas autoridades sanitarias"

Un gaiteiro na anterior edición do festival en Cabeza de Manzaneda. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Unha vez que a situación epidemiolóxica mudou de xeito favorable, o novo panorama permite retomar certas actividades, cumprindo iso si, todas as medidas que estean vixentes e propostas polas autoridades sanitarias. Por iso, o Concello de Manzaneda decidía retomar neste verán o Festival Celtibérico de Bandas de Gaitas e o Serán da Seitura que o ano pasado non se puderon celebrar por mor da pandemia do Covid-19.

Así, na fin de semana do 31 de xullo e o 1 de agosto, o son tradicional regresará á comarca Terras de Trives. O sábado 31 terá lugar na vila de Manzaneda a IV edición do Serán da Seitura, na memoria da cantora Ludivina Pérez Ricoy, coa inauguracióon dun monumento na súa honra. Ese mesmo día, pero xa pola noite, terá lugar unha nova edición da Noite Celta na Estación de Montaña Manzaneda, coa actuación de agrupacións e solistas de música tradicional pendentes de confirmación. E xa o domingo 1 de xullo pola mañá, celebrarase no campo de competicións de Cabeza de Manzaneda, a fase final do XII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas (Memorial Gabino García).

Como en edicións anteriores, estes eventos están organizados polo Concello de Manzaneda e a Escola de Gaitas da Deputación de Ourense, e contan coa colaboración da Xunta e da estación de montaña.

 

Artigos relacionados

Back to top button