ConcellosManzanedaÚltima hora

O Concello de Manzaneda rexistra 10 positivos de Covid, 1 máis que onte

 

O Concello de Manzaneda vén de confirmar a través dun comunicado emitido na mañá deste domingo que este municipio rexistra 1 novo caso de coronavirus. “A xerencia da Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeoreas, comunicanos que temos 1 novo positivo, co cal pasamos a ter 10 casos activos no noso concello. Esta persoa atópase na súa casa facendo o confinamento”, explica o Concello.

Ademais dende esta administración local exprésase o desexo dunha “pronta recuperación a todos eles, e coma sempre dende o Concello e dende a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, nos pomos a súa disposición para axudar en todo o que poidan precisar”.

Así mesmo, o Concello de Manzaneda incide en lembrar a importancia e necesidade de “continuar cumprindo as recomendacións das autoridades sanitarias para evitar os contaxios”.

O municipio de Manzaneda ten unha incidencia acumulada de >250, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button