DeportesÚltima hora

O Concello de Monforte organiza diversas actividades deportivas para o verán

Actualmente está a desenvolverse o Campamento Deportivo e hoxe comezou o XIV Campus Cidade de Monforte - R.C. Celta de Vigo

O Concello de Monforte está a desenvolver diversas actividades deportivas para o verán. En primeiro lugar, o Campamento Deportivo de Verán deu comezo o pasado 13 de xullo e actualmente desenvolve a súa segunda quenda de actividades entre o 27 de xullo e ata o 7 de agosto.

 

Durante o Campamento Deportivo de Verán.

 

No día de hoxe, 3 de agosto, deu comezo a actividade do XIV Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo que conta cun total de 54 nenos e nenas participantes con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos. Así, os e as participantes levarán a cabo a actividade entre o luns 3 e o venres 7 de agosto no Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas entre as 10:00 e as 13:00 h.

Artigos relacionados

Back to top button
Close