ConcellosÚltima hora

O Concello de O Bolo recibirá unha axuda de 48.000 euros para a recuperación do muíño fariñeiro das Ermitas

A Deputación de Ourense aportará esa cantidade para contribuír á posta en valor o patrimonio cultural do municipio
O alcalde de O Bolo, Manuel Corzo, supervisando as obras do muíño fareleiro das Ermitas. /Foto: Carlos G. Hervella.

Rehabilitar e poñer en funcionamento os tres muíños que existen no pobo das Ermitas (un de aceite, outro de fariña e unha mini central eléctrica) é un dos proxectos que o alcalde de O Bolo, Manuel Corzo, leva anos tentando poñer en práctica e que pouco a pouco vai collendo forma. As obras do primeiro están practicamente rematadas e as do fariñeiro van por bo camiño.

Despois de medio ano traballando nel a comezos de agosto chegaban as pedras de moer, feitas a medida por un canteiro. Nese momento o propio Manuel Corzo aseguraba que a posta en funcionamento ía para longo, explicando que faltaba o acondicionamento do canal para que pase a auga, un proceso que require tempo e cartos. E hoxe, 14 de novembro, a Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobaba no capítulo de cooperación cos concellos, un total de 102.897 euros en axudas para temas de Infraestruturas e Medio Ambiente. En concreto, unha axuda de 48.000 euros para a recuperación dese muíño, co obxectivo de poñer en valor o seu patrimonio cultural.

 

Artigos relacionados

Back to top button