OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense amplía o prazo para o agasallo de libros ata o 11 de agosto

Máis do 50% do censo ao que vai dirixida a campaña xa recibiu o seu agasallo

Foto de arquivo.

 

O Concello de Ourense ven de aprobar a ampliación, ata o martes 11 de agosto, da campaña “Un libro desconfina a túa imaxinación”, que busca agasallar cun libro a todos os nenos ourensáns nacidos entre 2002 e 2016. A acción busca promover a lectura entre os cidadáns máis pequenos ao tempo que dinamiza o sector libreiro, especialmente afectado polo peche dos negocios decretado polo estado de alarma.

Ata o momento, entregáronse un total de 6.960 exemplares a máis do 50% do censo ao que se dirixe a campaña. O agasallo pódese adquirir en calquera das 35 tendas de libros que participan no proxecto.

O Concello cubre únicamente 20 euros por agasallo e, se o libro en cuestión é máis caro, a diferenza deberá ser aportada polo cliente. Tamén están excluídos os libros de texto e os menores de 14 anos deberán acudir acompañados dos seus parentes ou titores legais.

Artigos relacionados

Back to top button